Felipe Rea Cuartet
Felipe Rea Cuartet
Nace a principios de este mesmo ano 2016 como unha evolución natural de Felipe Rea coma gaiteiro solista e compositor musical.
Esta nova formación achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo. A gaita , xunto co baixo, guitarra e batería ofrecen unha viaxe musical na que diversos estilos e ritmos de amálgama se complementan cunha ampla variedade de composicións propias. Os músicos que acompañan a Felipe Rea nesta formación son; Jesus vidal, Pedro Garcia e Noli Torres.
A fusión é o sinal de identidade que Felipe Rea quere amosar coa música tradicional ou mesmo coa súa música, e a contribución musical de cada compoñente é a que marca o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, ceibes de ríxidas faixas estilísticas.e formas musicais de manual. Do seu gusto por mesturar estas mesmas formas musicais nace o que eles mesmos definen como;” liberdade musical espiritual” , na que se da forma a cada un deles.
a gaita sae do seu tópico tradicional para interpretar músicas e ritmos libertinos e de diferentes estilos dende; Rumba, muiñeira, blues, habanera, jazz, , valse francés... Levan este proxecto a sitios de todas partes de Galicia xa que estes músicos son experimentados e con dilatada experiencia en grupos e festivais coma; Lorinet, ortigueira , interceltico de moaña, pardiñas , ou festivais de jazz, con grupos coma; Pepe vaamonde grupo ( Jesus vidal), Gabriel peso (noli Torres), Cora Sayers (Pedro García)
Pola súa parte Felipe Rea e un músico galego o cal ten actuado como gaiteiro en case que todas as facetas rítmicas con grupos coma; Quodlibet, A ghaita do Avó, Gaifonía, e en festivais coma; lorient, ortigueira , interceltico do morrazo , ou mesmo ser galardoada a súa música en diferentes concursos e festivais de música folk e no cine ,coa sua composición musical para o cortometraxe de animación; MUSICIDIO ,galardoado en mais de 48 paises con mencions especiais a sua música en países como ; Servia , Londres etc. E tamén ten sido galardoado a nivel persoal en diferentes concursos coma gaiteiro solista.
Unha característica do grupo e a súa música é a adaptación a calquera tipo de concerto, dende o máis intimista en acústico en salas pequenas, ata os festivais máis grandes, pasando por teatros e auditorios.
Esto é o reflexo do universal que é a súa música. Polotanto nos seus directos non agarden só escoitar Galicia, sinxelamente disfruten e gocen coa súa música.