Felipe Rea Otero

Nace en Estribela no ano 1974 , sempre amosou un grande interese pola música e dun xeito moi especial pola galega Na actualidade combina a súa faceta de músico nos proxectos mixtura e o grupo de musica tradicional a ghaita do avo coa de mestre de gaita galega.

Dende moi novo empeza o estudo de gaita e música da man de Rogelio Rodríguez ( gaita)e Lorenzo Gago (música ), pasando máis tarde a ampliar o seu estudo de gaita con Francisco Landín Pazos e pasando a formar parte da agrupación folclórica Trompos ós Pés, realizándose máis tarde como gaiteiro solista  co grupo Gandaina .e cursa a modalidade de gaita no conservatorio profesional de vilagarcia.

Na súa carreira coma músico tradicional son moitas as colaboracións con outros grupos e asociacións como Celme,Centenario, Retrouso …Tamén son moitas as colaboracións con grupos de todo tipo de música como Ansar, Abelaiña ,toñito de poi, etc.

Ó longo da súa vida musical imparte cursos de gaita en moitas asociacións galegas e tamén por toda a xeografía española, polas distintas casas de Galicia, nas que vai en representación da Xunta de Galicia.

Felipe Rea dedica moitas horas de lecer a investigar, falar cos maiores de aldea en aldea, buscando na súa memoria melodías, lendas, contos, xogos ou case que todo o referente coa nosa tradición ou costumes, que forman parte dun legado que non debemos esquecer. Na actualidade está mergullado nun traballo sobre a vida e obra de Francisco Landín Pazos e “Os de Marín” o cal espera que vexa a luz pronto.

Como gaiteiro ten participado en certámenes e concursos sendo finalista nos seguintes:

•1996 - 2º premio de gaiteiros solistas “O PEDRÓN “ Padrón.

•1997- finalista do VII certame de música folk de Galicia .

•1997- finalista no 30º concurso de gaitas de Ponteareas.

•1998- finalista no 31º concurso de gaitas de Ponteareas.

•2002- 3º premio gaiteiros solistas “CANTIGAS E AGARIMOS “

•2005- 1º premio o mellor grupo de acompañamento no concurso de baile e música

tradicional de Bandeira.

•2011 -1º premio no concurso de cantares de taberna co grupo A GHAITA DO AVÓ  en Melide.

•2011- 3ºclasificado no concurso de gaiteiros solista de Xacarandaina a Coruña.

•2014- 1º premio no concurso musicas do verán de Vilagarcia de Arousa.

 

 

Ten grabado xa dous discos co grupo QUODLIBET, e ten participado en diversas grabacion de grupos de todo tipo de estilos musicais:

Gaifonia

FENTOS E FROUMA

AVELAIÑA

ANSAR

ETC.......

E no ano 2014 publica o seu caderno de gaita “conversas cunha gaita”.

No ano 2010 colabora co cuarteto de música tradicional Picuiña e a AGG, na mostra de cuartetos de Marin dedicado ese ano a OS DE MARIN  e francisco landin pazos, dando unha conferencia no museo Manuel torres , e unhas charlas nos colexios de Marin.

 Cómpre destacar a súa faceta de compositor, sendo grupos de gaitas e bandas galardoados con diferentes premios interpretando a súas pezas, tales como:

Rumba de Estribela, Alborada para César Sampedro, A Cabuxa, A Marreta, Na fonte do Arrabalde, ou mesmo a composición musical para trompeta e gaita “NAUFRAXIO “ emitida nun documental de TV,

E recentemente foi grabada a peza POLKA RUMBA PARA PICUIÑA , para un anuncio publicitario do comercio de marin , encargada polo  concello.

No ano 2013 foi nominado aos premios opinion de musica galega na disciplina de mellor tema inédito galego coa sua obra musical QUODLIBET.

E o pasado mes de Abril foi contratado pola  productora catalana ; DOS MENTES PRODUCCIONES , para poñerlle musica o seu corto de animación :MUSICIDIO, o cal xa foi premiada ata en 21 ocasions en diversos paises do mundo, con mencións especiais a súa música no festival de cine de Serbia.

Agora mesmo esta e a faceta mais importante na que esta involucrado polo que e demandada a súa música de tódalas partes da xeografía española e concellos de galicia como :

Santiago de compostela, O pino, Pontecaldelas, Marin etc....

Na actualidade e mestre de gaita na academia Atempo de pontevedra , e  asociación de Galicia compaxinando esta laboura tamén,  co dúo de gaita e piano QUODLIBET, a charanga GAIFONIA  e o dúo de gaita e acordeón ARSIS, co cal pon a múisca a unha obra de teatro e maxia para nenos titulada DE TROULA EN TROULA , producido pola compañia de teatro A ILLA DOS NENOS.

Comentarios

Contacto

Felipe Rea 689239870
gaifonia@gmail.com